Ares será o primeiro municipio galego en contar cun equipo de remo adaptado para mulleres afectadas polo cancro de mama

O sábado, 11 de xuño, ás 11:00 horas, a Alianza Aresana acollerá a presentación das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo e facilitar o acceso aos beneficios do deporte. A iniciativa vén de materializarse tras a unión de esforzos entre o Concello, a Universidade de Sevilla, o […]
Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]
A Casa da Xuventude de Ares acolle desde hoxe, e ata o vindeiro 23 de xuño, a mostra “Xeitos” impulsada polo Grupo Bazán

Esta tarde tivo lugar a inauguración, na que estiveron presentes a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e os representantes do Grupo Bazán, Carlos Cruz, Fran Suárez, José Amigo, David Souto e Alejandro Martínez Durante o acto de presentación a edil de Cultura lembrou que a exposición, composta por un total de 34 fotografías realizadas por […]