Aquí embaixo atoparás os eventos que tes á túa disposición en Ares durante esta fin de semana!

VENRES, 8 DE XULLO: Danza na praia ás 20:30 horas. SÁBADO, 9 DE XULLO: Mostra de Folclore 2022, co seu pasarrúas (19:00) e concerto (20:00 horas). DOMINGO, 10 DE XULLO: XI Mercado Veciñal polo paseo marítimo, de 9:00 a 21:00 horas
O Concello inicia o balizamento dos areais do municipio

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de informar dunha das principais accións da súa área de traballo que se están a acometer nestes días: o proceso de balizamento das praias da localidade, que arrancou xa a fin de semana pasada coa colocación provisional no posto de socorrismo próximo ó paseo marítimo da vila […]
Onte o día finalizou a ritmo de zumba!

Coma acontecerá cada xoves deste mes, na Praza da Constitución tivo lugar a primeira sesión gratuíta desta disciplina de fitness que forma parte do “Móvete VeraneAres”. As clases de zumba e baile latino ao aire libre para maiores de 12 anos volverán a próxima semana. Chama ao 981 448 057, de luns a venres, de […]
O sábado, 23 de xullo, tedes unha cita co deporte na ría!!

Chega a XXV Travesía a Nado á localidade cun maior número de categorías para participar e mantendo o seu carácter popular. Lembra que se desexas participar as inscricións xa están abertas de maneira telemática a través do seguinte formulario: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Con todo, o mesmo día da proba habilitaranse 25 prazas, que se cubrirán por orde […]