O Mosteiro de Santa Catalina acolleu onte o relatorio impartido polo alcalde de Ares e profesor titular de Dereito Civil, Julio Ignacio Iglesias Redondo
O evento serviu para facer un percorrido pola historia de España a través do Dereito Foral, debullando así as orixes do ordenamento xurídico que sustenta a sociedade contemporánea a día de hoxe. Se non estiveches no evento, mais desexas afondar nesta temática, podes escoitala integramente na seguinte ligazón: Concello de Ares · Relatorio sobre dereito […]
O 26 de setembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares!
Se estás interesado/a en facelo, lembra que tes que concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Ten en conta que podes realizar a túa renovación ata 6 meses antes da data de caducidade.