O Concello presenta o “SendAres 2023”, unha nova edición do programa de sendeirismo municipal
A área de Deportes ofertará dende o mes de outubro ata maio 8 rutas por espazos galegos de gran valor natural; un conxunto de andainas para coñecer Galicia dende a práctica deportiva. O primeiro percorrido, que será polos arredores do Río Belelle, abre hoxe, ás 19:00 horas, cunha inscrición vía telemática na páxina web www.concellodeares.gal […]