O obradoiro dual de emprego Reinicia IX pon en marcha a súa actividade teórico-práctica para os próximos 12 meses

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu a inauguración do programa coa presenza das autoridades implicadas na novena edición. Desta volta, achegarase formación en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas. A concelleira de Emprego de Ares, Alma Barrón; os rexedores […]

O pasado 1 de outubro, por mor do Día do Orgullo Neofalante, o humor de Cándido Pazó chegou á Alianza Aresana co seu espectáculo “Botando a lingua a pastar”

Historias, retranca e, coma pano de fondo, mesmo reflexións arredor da lingua galega nesta actuación promovida pola Concellaría de Cultura! Con todo, durante esta semana tamén se continuará coa programación coordinada co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade para celebrar e homenaxear ao neofalantismo, desta volta achegándose ó público máis mozo coa exposición “Cantámola” no […]