O programa de “Medias Mañás Saudables” arranca no CPI As Mirandas para incentivar unha alimentación equilibrada e de calidade
A iniciativa, dirixida pola Concellaría de Igualdade e Benestar, repartirá varias racións de froita entre o alumnado do centro público dende hoxe, 17 de outubro, ata o 28 deste mes. Preto de 476 rapaces e rapazas das tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria) dispoñibles no CPI As Mirandas poderán sumarse dende hoxe ás “Medias […]
A Concellaría de Deportes abre as inscricións para a segunda ruta do SendAres 2022-2023
Esmelle e o mirador de Pedrouzo serán os espazos centrais desta actividade programada para o 13 de novembro e que aúna sendeirismo e coñecemento do medio natural. As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 18 de outubro, ás 18:00 horas ata o 1 de novembro, con 25 prazas asignadas e un prezo de 15 euros. […]
Lista agarda auxiliar administrativo – proceso de selección Obradoiro Emprego Reinicia IX
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 526/22 Alcalde-Presidente D.Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: LISTA AGARDA AUXILIAR ADMINISTRATIVO – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX […]
Ares celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos e un espectáculo musical
A Concellaría de Cultura programa as actuacións para o xoves, 20 de outubro, e o venres, 21, ambas ás 18:00 horas na biblioteca municipal aresán. Alma Barrón, edila de Cultura de Ares, vén de anunciar as dúas iniciativas que organizará o Concello para celebrar o Día das Bibliotecas 2022, unha data que defende o papel […]
Malia as condicións climatolóxicas adversas, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco actuou este sábado pasado na praia de Area Morta para retirar uns 25 quilos de refugallos!
Baixo o marco da limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA, voluntarias e voluntarios extraeron principalmente plásticos de pequeñas dimensións que prexudican a fauna mariña local. A iniciativa materializouse co apoio do Concello de Ares, a través da súa área de Medioambiente, de cara a visibilizar o problema do lixo no mar.