Dende esta semana e ata o 31 de decembro, a veciñanza de Ares pode sumarse á iniciativa Bono Comercio Activa da Xunta de Galicia, onde cada cliente disporá dun bono desconto por un importe de 30 € que se aplicará nas compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña.

De feito, se es comerciante e desexas participar nos Bono Comercio Activa, lembra que o prazo de adhesión dos locais comerciais estará aberto ata o 30 de novembro. Máis info en https://www.bonosactivacomercio.gal/?fbclid=IwAR0MdDtQzZSrpDvELY-LTjWhI8mHWXbAcugRk281f9lEXSQjlZ91ub21BFg.

“A integración da natureza co pobo de Redes é total”. Iso é o que comenta Ernesto López Naveiras, presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco, á hora de falar dun espazo que estivo, está e estará en simbiose constante co mar.

Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”. Case 6 quilómetros de distancia […]

Últimas prazas para a segunda ruta do SendAres

O 1 de novembro ás 15:00 horas finaliza o período de inscricións do percorrido que se realizará polos Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo, no marco do SendAres 2022-2023! Se estás buscando unha experiencia que aglutine deporte, natureza e exploración de novos espazos galegos, súmate á ruta que programa a Concellaría de Deportes o […]