Ruta do SendAres completada!

Onte, os sendeiristas que se animaron a sumarse á ruta do programa municipal da Concellaría de Deportes, SendAres, exploraron os muíños de Esmelle e o mirador de Pedrouzo. Descubriron o seu pequeño val e os regatos que desembocan na praia de Esmelle, mais tamén gozaron das vistas do mirador, onde aínda fica un antigo búnker […]

XORNADA DIVULGATIVA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO E A MULLER MIGRANTE 2022

  XORNADA VIOLENCIA DE XÉNERO E MULLER MIGRANTE CONCELLO DE ARES LUNS. 21 DE NOVEMBRO ÁS 10:00 H.   As inscricións para asistir ó evento xa están abertas á veciñanza aresán e outros interesados/as, sendo totalmente gratuítas e facéndose telematicamente en https://anotame.es/ares/.      10:00 A 10:15 RECEPCIÓN    10:15 A 10:30 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS Julio Ignacio […]

O sábado pasado quedou inaugurada a exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”, un conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972.

Á inauguración oficial acudiron representantes municipais, xunto cos organizadores e algún dos protagonistas, para falar sobre a importancia do proxecto; unha mostra que debulla a loita polos dereitos democráticos e sindicais que contribuíron á chegada da democracia en España. A exposición permanecerá xusto diante da casa consistorial ata o 24 de novembro e está promovida […]

Contratación Laboral temporal dun/ha Auxiliar Administrativo/a a tempo completo para servizos de Intervención-Tesoureria (Contrato de sustitución temporal)

PRIMEIRA. OBXECTO.- É obxecto da presente convocatoria a cobertura temporal dun posto de traballo durante o proceso de selección (estabilización-Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público) para a súa cobertura mediante contratación laboral temporal dun/a auxiliar administrativo a tempo completo para os servicios de Intervención-Tesourería, […]