O Concello e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) promoven en Ares a exposición “#SomosQuen: científicas preto de TI”
O hall da Alianza Aresana acollerá dende o martes, 22 de novembro, data da inauguración, ata o 2 de decembro unha mostra de 9 investigadoras tecnolóxicas en diferentes fases da súa carreira que reflexionan sobre o seu papel coma mulleres e científicas do CiTIUS da USC. “Non te conformes”, “Nada é difícil se che gusta”, […]
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 15 de novembro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.