Durante este mes de decembro e parte de xaneiro, coñeceremos os rostros dos 93 locais que forman parte do noso #MercAres, a campaña de apoio aos negocios de proximidade do Concello!

Nesta ocasión, achegámosnos aos mostradores de 8 comercios que temos no municipio e que axudan a dinamizar a vila económica e socialmente . Xoias, flores, electrodomésticos, bens para o fogar, elementos de ferraxería… eles son algúns dos encargados de abastecernos co que necesitamos. Bota unha ollada aquí embaixo para descubrilos! E aproveita para participar no […]

Ares contará coa sétima edición do Campus Chiquibásquet de Nadal

Complementando a iniciativa que xa se produce en verán, os adestramentos en baloncesto chegarán de novo á localidade durante as xornadas do 28, 29 e 30 de decembro e ao longo de tres horas, de 10:00 a 13:00. O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro ou ata esgotar a totalidade das […]