Inspección Técnica de Ciclomotores en Ares

O xoves, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15:15 a 18:00 h. Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co  902 30 90 […]

O Concello adxudica a renovación de servizos e pavimentos na rúa San Xosé

A intervención, que conta cun investimento próximo ós 170.000 euros asumidos entre Concello e a Deputación, mellorará a rede de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais de executar obras no alumeado, electricidade e telecomunicacións. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, incluíu a actuación “dentro da liña de renovación e humanización municipal de moitas das rúas de Ares, […]