Ao longo do mes de marzo, durante os xoves e venres e aproveitando o horario lectivo, o pavillón polideportivo aresán congrega aos centros educativos de Ares e Mugardos arredor das “Xornadas Intercentros de Tenis de Mesa Escolar”.
A iniciativa, que forma parte do Programa Xogade da Xunta de Galicia, arrancou onte e continúa hoxe estreitando lazos entre o alumnado das dúas localidades. O deporte entendido coma unha actividade moi lúdica!
O Concello adxudica o proxecto básico para acondicionar o interior da Rectoral
Esta mesma semana formalizouse a adxudicación das obras, que permitirán reformar un espazo de interese patrimonial, edificado en 1696, a través dun investimento de 121.527 euros, IVE incluído, asumido entre os fondos municipais e o POS+2021 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a adxudicación definitiva do proxecto básico de acondicionamento […]