Ares lidera un proxecto europeo co foco posto no desenvolvemento de deportes ao aire libre en áreas rurais
“Sporural”, o nome que recibe a iniciativa, está integrada polo Concello aresán, dous entidades deportivas —Crosskovacsi Sport, de Hungría, e EAS CYCLADES, de Grecia— e a asociación cultural coruñesa INNOdxt. Ao longo do día de onte e tamén na xornada de hoxe, representantes de todas as organizacións visitan Ares para coñecer a vila, a súa […]
A Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia regresa a Ares este sábado
A Concellaría de Cultura vén de anunciar a organización dun novo concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia o 1 de abril para dar a benvida ao mes coa profesionalidade e calidade desta agrupación musical. A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá a actuación ás 17:00 horas e a entrada será totalmente de balde. […]
O punto limpo móbil instalouse durante a xornada de onte na contorna da Praza da Igrexa de Ares!
Lembra que nel podes depositar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos.
Últimas horas para participar no sorteo do DegustAres 2023!
Mañá, mércores, 29 de marzo, é o último día para depositar as cartillas seladas do DegustAres. Se aínda non o fixeches, achégate ata a consistorial para deixala na hucha que atoparás na súa entrada! Así poderás optar aos vales de 100 euros para investir no comercio da vila, mais tamén á estancia con noite incluída […]