A Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia regresa a Ares este sábado

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a organización dun novo concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia o 1 de abril para dar a benvida ao mes coa profesionalidade e calidade desta agrupación musical. A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá a actuación ás 17:00 horas e a entrada será totalmente de balde. […]

Últimas horas para participar no sorteo do DegustAres 2023!

Mañá, mércores, 29 de marzo, é o último día para depositar as cartillas seladas do DegustAres. Se aínda non o fixeches, achégate ata a consistorial para deixala na hucha que atoparás na súa entrada! Así poderás optar aos vales de 100 euros para investir no comercio da vila, mais tamén á estancia con noite incluída […]