As Alfombras de Ares somos tod@s!

A celebración do Corpus aresán deste ano está marcada pola recuperación das Alfombras Florais despois de dous anos de parón debido á pandemia. Isto provocou unha pérdida de alfombristas activos e dificultou a celebración da confección dos tapices florais o pasado ano. Mais este ano, a pesares da difícil situación, os alfombristas dos seis tramos […]
O Concello de Ares impulsa a Dixitalización Turística cunha pantalla informativa interactiva no Parque Rosalía

O Concello de Ares acaba de recibir unha subvención de 13.499,50 euros para a instalación dunha pantalla dixital que ofrecerá información turística e de interese para os visitantes e veciños do municipio. A axuda económica concedida permitirá sufragar a práctica totalidade da instalación, que supón un investimento de preto dos 15.000 euros. A subvención conseguida, […]
O Mosteiro de Santa Catalina converterase no escenario de presentación do novo libro do escritor Juan Galán, titulado “As Tribulacións de Bruno Lamas”.

O evento terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio, ás 19 horas e contará coa presenza do propio autor, o escritor e xornalista Pablo J. Rañales, e a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro, Celsa Formoso. O acto literario será presentado por Nina Pantín e despois do faladoiro, o dúo Lírica ofrecerá […]
A exposición Galicia en Foco está a piques de finalizar na Casa da Xuventude.

Se non visitaches a mostra, aínda estás a tempo de ver unha selección das mellores imaxes do fotoperiodismo galego do ano 2022. A selección de instantáneas representa unha crónica anual da vida en Galicia, capturada polos fotoperiodistas que traballan nos medios de comunicación. A exposición finalizará este venres, así que asegúrate de visitala antes de […]