No marco da programación do Día das Letras Galegas 2023, o Concello ofrece o próximo luns, 22 de maio, o espectáculo de narración oral e monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, da compañía Fantoches Baj.

A produción, dirixida ao público familiar, está baseada na obra 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎, libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado deste ano. A representación celebrarase no salón de actos da Alianza Aresana, a partir das 18.00 horas. A entrada é gratuíta e non require reserva previa. A actividade conta co apoio do […]