Aviso: Concello de Ares

O próximo luns, 22 de maio, as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da festividade dos traballadores das administracións locais.

A fuxida do bou “Ramón”, novamente en Ares.

Esa historia de sacrificios e solidariedade, de loita pola vida e a liberdade, volveu ser lembrada o pasado luns no CPI As Mirandas da localidade. O relato de como 27 republicanos da nosa comarca, en xullo de 1939, puxeron a salvo as súas vidas partindo de Ares, nese vapor, e chegando a Francia e a […]

A oitava Feira Rociera solidaria está lista para celebrarse en Ares, o evento benéfico organizado polo Ares Solidario en colaboración co Concello e en apoio á Xunta local da Asociación contra o Cancro.

Mañá sábado, 20 de maio, os participantes desfilarán a partir das 18:30 horas polas rúas ataviados ao estilo do Rocío, culminando no palco da Praza da Constitución. A festa promete ser unha mestura de alegría e solidariedade, coa participación da Asociación cultural O Tilo, o grupo Os Pimos e as bailaoras dos grupos Azahar de […]

Nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares

Os profesionais sanitarios do centro de saúde do municipio organizarán este martes, 23 de maio, ás 10:00 horas unha sesión formativa centrada na alimentación na menopausia. Nesta ocasión a charla será impartida pola dietista-nutricionista Iria González Fraga. Se estás interesado/a en aprender da man dos expertos máis próximos a nós inscríbete no mesmo mostrador do […]

O galego dá moito xogo!

Este xoves, 18 de maio, celebrouse unha carreira de relevos en Ares para festexar co deporte e coa lingua o Día das Letras Galegas 2023. A actividade consistiu nunha “Carreira de relevos pola lingua” na que participou o alumnado do CPI As Mirandas. A carreira contou cuns relevos cooperativos e ao remate montouse un crebacabezas […]