A escritora Nones Araujo gaña o I Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares
O pasado 5 de xuño, o xurado da I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares anunciou que a gañadora é Nones Araujo, profesora e escritora afincada en Vigo cunha destacada traxectoria literaria e varios premios no seu haber. O premio ascende aos 2.000 euros e conleva a posterior publicación da […]
Este sábado 17 de xuño, ás 19:00 horas, a Agrupación Instrutiva de Caamouco vai celebrar o acto de presentación do número 8 da revista A Tenencia.
No acto participarán as persoas impulsoras e colaboradoras deste proxecto que traballa para achegar a historia local á veciñanza. Ademais, contarase coa presenza dos representantes municipais, en agradecemento e recoñecemento ao seu labor a prol da recuperación da nosa memoria e cultura local.