Ares celebrará a súa sexta edición da Noite Branca Solidaria, un evento que busca recadar fondos para Cáritas.
Esta velada converteuse nun clásico na axenda do verán e terá lugar o vindeiro sábado 15 no paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas. A actividade está organizada pola asociación Ares Solidario, coa colaboración do Concello de Ares. A esencia de estilo ibicenco manterase nesta edición, polo que se anima aos asistentes para […]
O XII Mercado Veciñal de Ares contou coa participación de ao redor de 120 postos, nun evento moi concorrido que se estendeu ao longo do paseo marítimo da nosa localidade.
O mercado dinamizou a contorna municipal e levouse a cabo con gran éxito, mantendo o seu carácter popular e brindando á veciñanza un espazo accesible para o intercambio de produtos.
O ciclo “Literatura na rúa” chega a Ares!
O vindeiro domingo 16 de xullo levarase a cabo a primeira edición no noso municipio, da man da Asociación Galega de Escritores, organizadores da cita, xunto coa Concellaría de Cultura aresán. Dezaseis escritores participarán no evento, divididos en dous grupos, e estarán dispoñibles para asinar as súas obras no paseo marítimo. Este proxecto busca achegar […]
O sábado proxéctase “Mi pequeño gran samurái” na Alianza Aresana con posterior coloquio
Este sábado, 15 de xullo, desde as 20.00 horas, a Alianza Aresana dá ocasión a achegarse á transexualidad e a traxedia, coa proxección de “Mi pequeño gran samurái”. A obra describe a historia do xoven trans Ekai Lersundi, que morreu por suicidio en 2018 mentres loitaba coa burocracia ao redor da asignación de terapia de […]
Este venres a praia urbana de Ares acollerá un festival de danza!
A praia de Ares acollerá o vindeiro venres, día 14, a partires das 19:30 horas, unha exhibición de baile que organiza CompArte Ecola de Música, coa colaboración da área de Cultura municipal. Trátase dunha actuación ao aire libre, concretamente no tramo de praia ao carón do posto de socorrismo, a cargo das alumnas de CompArte […]