Ares volveu destacar pola súa xenerosidade e solidariedade na VI Noite Branca Solidaria. Tanto veciños como visitantes mostraron unha vez máis o seu compromiso participando activamente neste evento.
O resultado foi extraordinario, xa que se puido recadar un total de 1.938 euros, que se destinarán a Cáritas de Ares para a compra de alimentos. A implicación de tod@s fixo da noite do sábado un claro exemplo de que en Ares sempre prevalece a colaboración e o espírito comunitario!
O Concello impulsa a sustentabilidade e a ambientación festiva durante o Ares Indiano
A concellaría de Cultura da localidade anunciou dúas novidades que se implementarán durante a próxima celebración da sexta edición do Ares Indiano, os días 18, 19 e 20 de agosto. Estas iniciativas, dirixidas aos hostaleiros do municipio, teñen como obxectivo promover un consumo máis sostible e engadir un toque distintivo e decorativo ao evento. Por […]
O Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en colaboración co Concello de Ares, presenta unha conferencia dedicada ao pintor ferrolán Álvarez de Sotomayor.
O evento levarase a cabo este mércores 19 de xullo ás 20:00 horas no propio Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. A conferencia será a cargo da Doutora en Historia da arte, María Fidalgo Casares, unha destacada experta en arte galega e unha prolífica investigadora da obra de Álvarez de Sotomayor. Durante a conferencia, Fidalgo […]
A iniciativa “Literatura na Rúa” chegou onte a Ares da man da Asociación Galega de Escritores
En colaboración coa concellaría de Cultura municipal, ofrecendo a oportunidade de coñecer máis de preto a diversidade e calidade dalgúns dos autores máis próximos a nós. O evento no paseo marítimo da localidade converteuse nun espazo de encontro entre os amantes da literatura e os creadores, fomentando a conexión e o apoio mutuo na comunidade […]
O Campus de Verán 2023 da Fundación Celta dá inicio ás súas actividades en Ares!
Durante os días 17 ao 21 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos será testemuña de sesións lúdico-educativas deseñadas para potenciar as habilidades futbolísticas de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. Este evento, posible grazas á colaboración entre a Fundación Celta, o Concello de Ares, a Federación […]