Últimos días para inscribirse na EDR “Entre Dúas Rías” que se desenvolverá o día 8 de Outubro
O Club Pulpeiros de Mugardos, coa colaboración dos Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas respectivas áreas de Deportes, recupera e organiza de novo a ruta ciclotursita “Entre dúas rías”, que se celebrará o día 8 de outubro e cuxa participación deberá formalizarse mediante inscrición previa. O número de prazas está limitado en […]
O venres pasado levouse a cabo a entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón nunha cerimonia que tivo lugar no CIRS de Cervás.
A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presidiu a cerimonia de entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares. Durante o evento, a concelleira de Cultura participou na entrega dos galardóns do certame, que este ano celebraba a súa décimo sexta edición e que marcou o peche da exposición que se exhibiu no […]
Lembra que esta semana o punto limpo móbil do municipio atopáse instalado no Porto!
Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
Primeira ruta do SendAres completada!
O pasado sábado, os 25 senderistas que se uniron á aventura organizada polo programa municipal da Concellaría de Deportes, viaxaron ata as terras de Taramundi, en Asturias. Ao longo dunha ruta circular, exploraron un dos pobos con máis encantado da rexión asturiana, atravesando os seus bosques e admirando as fervenzas que se atopan no camiño. […]