O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe instalado en Seselle!
Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
A biblioteca municipal de Ares comeza este luns, 9 de outubro, o seu horario de inverno!
Lembra que desde hoxe estará aberta durante as mañás, de 09:00 a 14:00 horas, e polas tardes de 16:30 a 19:30.
O pasado sábado, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco levou a cabo unha acción de limpeza na praia de Sabadelle, na que lograron retirar aproximadamente 30 quilogramos de refugallos
Esta actividade enmarcouse na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA. O grupo de 12 voluntarios e voluntarias dedicouse principalmente á extracción de cabichas, cordas, restos de bateas e diversos tipos de plásticos, como tapóns, envases de comida e bolsas, que representan unha ameaza para a fauna mariña local. Esta iniciativa contou co […]
O venres pasado, máis de 100 veciños e veciñas de Ares trasladáronse a Lugo para gozar da celebración do San Froilán!
Esta festividade galega de outono destaca pola súa énfase na gastronomía, o folclore e unha variada oferta de espectáculos que cobran un protagonismo central ao longo de toda a semana. A nosa veciñanza puido aproveitar esta experiencia na cidade lucense grazas a unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar, que facilitou o transporte mediante dous […]