Concello e Deputación visitan as sendas peonís de Ares a Redes e de Ares a Chanteiro
O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, xunto ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, levaron a cabo unha visita esta mañá a dous proxectos que supoñen unha mellora crucial na seguridade viaria do municipio. Estes proxectos implicaron a construción dunha senda peonil na estrada de Ares a Redes e outra na estrada que […]
A pesar das inclemencias do tempo, a celebración do Samaín e Magosto levouse a cabo onte na pista cuberta do CPI As Mirandas
Os nenos e nenas asistiron con disfraces do máis creativos, e gozaron de xogos, música, talleres e, por suposto, das tradicionais castañas asadas. Grazas a tod@s por participar!
Ao longo da semana pasada, presenciamos unha fusión entre o encanto de Halloween e o misterio que o rodea, a través das actividades que se levaron a cabo na Alianza Aresana
Desde os valentes “Buscapistas” que, con lanternas en man, aventuráronse a explorar os recunchos máis enigmáticos, ata os intrépidos participantes dos talleres “Terroríficos” que desafiaron a súa creatividade para dar vida ás criaturas máis horribles xamais imaxinadas. Con todo, a diversión non se detivo aí, xa que tamén houbo quen se atreveu a mergullarse no […]