Aviso de recollida de enseres
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2023/11/RECOLLIDA-DE-ENSERES-14-11-2023.png)
Lembramos que esta mesma noite do martes, 14 de novembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
O Contacontos “Kalopsia” recala en Ares para achegar a Europa ao Público Infantil
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2023/11/Cartel-Contacontos-con-Kalopsia-2023-1024x1024.jpeg)
O espectáculo “Coñece Europa con Kalopsia” fixo un percorrido por catro puntos da provincia da Coruña nos últimos meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa, incluíndo representacións nos concellos de Ares, A Baña, Vedra […]