Dende o próximo luns, 5 de febreiro, a biblioteca municipal de Ares terá novo horario!

Os luns, martes, xoves e venres estará aberta de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 h., permanecendo pechada tanto de mañá coma de tarde durante as xornadas dos mércores.
A Concellaría de Medio Ambiente conclúe a primeira fase da campaña municipal de compostaxe

A responsable da área, Lucía Blanco, formalizou a entrega dos composteiros individuais a 44 fogares aresáns, de tal maneira que xa poidan comezar co proceso de reciclaxe dos seus residuos, implicándose directamente na súa xestión. As seguintes fases do proxecto contemplan, por unha banda, o asesoramento personalizado e a resolución de dúbidas da veciñanza que […]