Coa súa dose de espectacularidade, un dos mellores bosques conservados da provincia da Coruña despregouse durante a xornada de onte ante a ollada dos camiñantes do Sendares, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deporte.

Preto de 25 participantes exploraron a Ribeira do Río Sor, en Mañón, e gozaron da paisaxe máis próxima serpenteando polas ladeiras do monte. 14 quilómetros de natureza, de tranquilidade e práctica deportiva que tamén deixamos para a lembranza aquí embaixo.  #ViveoDeporteViveAres!!

A exposición Galicia en Foco xa está dispoñible para toda a veciñanza

A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, inaugurou o venres pasado a colección fotográfica, que estará en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude. Veciños e veciñas poderán achegarse en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h., os martes, xoves e venres, e […]