Declaración institucional con motivo do 8 de marzo de 2024, Día Internacional da Muller

A corporación municipal do Concello de Ares aprobou na última sesión plenaria de carácter ordinario, por unanimidade de todos os membros que a compoñen, adherirse á declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), facendo un chamamento a incorporar a perspectiva de xénero en todas as políticas públicas e programas, e garantindo que […]

8m, Día Internacional da Muller 2024

A fachada da casa consistorial de Ares conta estes días cunha iluminación particular, adoptando a cor lila como forma de apoiar simbolicamente o 8M, Día Internacional da Muller, e facer fincapé na necesidade de acadar a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Así luce o concello pola noite!