Punto limpo móbil instalado en Lubre

O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Lubre para a recollida de residuos especiais. Permanecerá alí durante toda a semana. Lembra que poderás depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.  

A Copa de España de Enduro enche Montefaro do mellor ciclismo nacional

A quinta e última proba da Copa de España de Enduro volveu á vila de Ares da man do Club Pulpeiros de Mugardos e converteu a contorna de Montefaro no escenario perfecto para achegarse a unha mostra de ciclistas chegados de todo o territorio nacional. Durante toda a fin de semana, os bikers percorreron os […]

Un Numancia de Campións

Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o seu ascenso, o equipo sénior levouse o Campionato de Liga, mais tamén os seus xuvenís lograron a Copa Ferrol xusto na tarde de onte. A casa consistorial tinguiuse de vermello […]

Música, narración oral, poesía e moita literatura polas Letras Galegas 2024

Ares celebrou o Día das Letras Galegas con dúas programacións por parte da Concellaría de Cultura ao peche da semana pasada, sempre co galo de homenaxear a Luísa Villalta, a poeta que se conmemora neste ano, e á literatura de Galicia. Deste xeito, os versos de Villalta resoaron con forza no salón de actos da […]