As voces do Pequecoro prepáranse para o seu concerto na Igrexa de San Xosé de Ares

A Igrexa de San Xosé acollerá o próximo domingo, 16 de xuño, ás 18:00 horas o concerto ‘Pequecoro canta con amor’, unha actuación orixinal de dúas entidades procedentes do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol: o PequeCoro do Xan Viaño e o Peque coro in crescendo. 65 alumnos e alumnas achegaranse á localidade de Ares por […]