Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito

O Punto Limpo Móbil do Concello atópase dende onte instalado en Federico García Expósito. Aproveita esta localización para desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta, contribuíndo activamente ao coidado da nosa contorna. Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.