A cultura mariñeira técese nas redes da Festa da Cabria

A XVIII Festa da Cabria que promove a Agrupación Instrutiva de Caamouco en colaboración co Concello volveu a dignificar a memoria e tradición mariñeiras da contorna de Redes. A celebración despregou unha ampla programación este sábado pasado, sempre co mar en primeiro plano, incluíndo obradoiros para pequenos e maiores, visitas guiadas ao Alboio de Areamorta, […]
O Concello conclúe a promoción do patrimonio aresán en Equiocio 2024

Durante estes últimos tres días, dende o venres até onte, a Concellaría de Turismo mantivo activo o stand turístico municipal instalado no certame de hípica Equiocio, xa referencia a nivel galego, establecendo así un espazo informativo para dignificar o patrimonio cultural, a riqueza paisaxística e a ampla grella de actividades que temos en Ares. Alí […]
A XXXII Milla Urbana Concello de Ares remata con éxito de participación

Esta fin de semana, a vila encheuse de corredores e corredoras no marco da XXXII Milla Urbana Concello de Ares. Volveu agromar o carácter interxeracional desta proba fortemente arraigada na programación deportiva de verán, con categorías dende os prebiberóns até os séniors, e mesmo con entrega de trofeos non só aos gañadores, senón tamén ao […]
Ares clausura a última edición do Campus Chiquibásquet

O pavillón polideportivo municipal acolleu o venres pasado a clausura do XVI Campus Chiquibásquet, poñendo así o peche á programación lúdico-formativa que se desenvolveu durante toda a semana e que se materializou coa intervención da Concellaría de Deportes. Uns 40 rapaces e rapazas recibiron o seu diploma acreditativo e concluíron a súa experiencia neste evento […]