NOTA INFORMATIVA: Reubicación da programación deportiva por obras no pavillón municipal

As Concellarías de Deportes e Urbanismo veñen de informar do inminente comezo das obras de renovación do pavillón polideportivo de Ares, que inclúen a substitución e mellora da cuberta, iluminación, envolventes ou mesmo o sistema de auga quente sanitaria. En consecuencia, suspéndense as actividades que se desenvolven nel dende o 16 de agosto, incluído o […]
A vila tinguirase de azul pola XVII Bandeira Concello de Ares

O domingo, 11 de agosto, veciñanza e afeccionados poderán ver o desempeño da tripulación local do Club de Remo, un evento deportivo para que todo o municipio goce e se ilusione coa tempada da Santa Olalla de Lubre. A concelleira de Deportes, Alma Barrón, o presidente da Liga Galega de Traiñeiras, Javier Rodríguez, e representantes […]
Ares conmemora o 85 Aniversario da fuxida do Bou Ramón

O 10 de agosto despregarase no Mosteiro de Santa Catalina unha ampla programación que homenaxea ao grupo de republicanos, activistas e sindicalistas que emprenderon unha dura travesía marítima para chegar até Francia, no seu exilio por mor da represión falanxista. Organizarase unha exposición fotográfica e unha proxección de vídeo, amais de incorporar un coloquio divulgativo […]
‘Lightyear’, o próximo filme a proxectar dentro das sesións de cine de verán

As Escolas do Lago acollerán este mesmo xoves, 8 de agosto, unha nova sesión do ciclo de cine de verán que impulsa o Concello no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Ás 22:30 horas chegará a quenda da película ‘Lightyear’ (2022), con entrada de balde, un filme perfecto para os pequenos e pequenas, […]