Cristian Carnero Solís, terceiro no Campionato de España de Culturismo Natural

O Concello de Ares estende os seus parabéns ao noso veciño Cristian Carnero Solís polos seus últimos resultados no Campionato de España da Federación de Culturismo na súa modalidade natural, acadando o terceiro posto de todo o territorio nacional! Con eses mesmos resultados baixo o brazo, dirixirase ao Torneo Internacional de Culturismo que se celebrará […]

A biblioteca municipal de Ares celebra o Día das Escritoras cunha escolma de grandes obras escritas por mulleres

Dende onte, luns 14 de outubro, e durante toda esta semana, nas instalacións da Alianza Aresana onde radica a biblioteca municipal é posible atopar unha boa selección de obras de escritoras referentes nos diferentes ecosistemas literarios tanto galego como español. Nomes como Dolores Redondo, Arantza Portabales, Julia Navarro, Josefina Aldecoa, Luz Gabás… plumas de calidade […]

III Certame de Novela Curta “Alén” Concello de Ares

BASES DA CONVOCATORIA As bases reguladoras deste premio foron aprobadas por Decreto de Alcaldía do Concello de Ares de data 07/10/2024. Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia. Os/as participantes atoparanse ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non estarán […]

Cadea humana solidaria contra o cancro de mama

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama deste 2024, Ares sumarase á conmemoración desta efeméride cunha cadea humana para expresar o seu apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade oncolóxica, reivindicando unha maior investigación, prevención e diagnósticos iniciais na loita contra ela. A Xunta local de Ares da Asociación Española contra el Cáncer […]

Punto limpo móbil instalado en Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.