Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado de simbolismo: entre as súas polas quedaron colgados os mellores desexos da veciñanza para o vindeiro 2025. Os nenos e nenas aresáns, boli en man, encargáronse de confeccionar as bolas […]
O Nadal en Ares: unha ampla oferta con concertos, cabalgatas, obradoiros tematizados e moito deporte para rematar o ano

O Concello vén de anunciar hoxe a programación municipal do mes de decembro e comezos de xaneiro dende a perspectiva cultural e deportiva, incluíndo tamén obradoiros destinados á mocidade. Xogos nas parroquias, a I Ruta Ciclista Popular por Ares, o zumba na Praza da Constitución e a XIX Carreira Popular Fin de Ano serán os […]
Ares executa a instalación fotovoltaica no depósito de Os Castros cunha axuda de 14.220€ do Inega para mellorar o abastecemento de auga
O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]