O ‘western’ á galega de ‘Vaites, rapariga’ chega a Ares cargado de comedia negra

Tarabela Creativa estará no salón de actos da Alianza Aresana o venres, 20 de decembro, ás 20:00 horas, para representar este espectáculo con música en directo, moito humor e estética de vaqueiros. Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo aterrarán en Ares cun espectáculo moi particular: un ‘western’ que narra as historias […]
O XIII Festival de Panxoliñas celebrarase en Ares o vindeiro 22 de decembro

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a data de celebración do Festival de Panxoliñas, un evento que camiña cara a súa décimo terceira edición para reafirmar o seu carácter tradicional na vila nestas datas de Nadal. Así, o 22 de decembro a partir das 18:00 horas a Igrexa de San Xosé de Ares converterase […]
Punto limpo móbil dispoñible na Avda. Federico García Expósito

O punto limpo móbil xa está dispoñible na Avda. Federico García Expósito para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.