O obradoiro dual de emprego Reinicia arranca a súa undécima edición con 20 alumnos-traballadores

A Alianza Aresana acolleu esta mañá a inauguración do programa de formación teórico-práctico coa asistencia das autoridades involucradas na materialización do Reinicia: os tres concellos de Ares, Mugardos e Fene, amais da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol. Dúas serán as especializacións do alumnado: por unha banda carpintería e moble, con aplicación de varnices e […]
O espíritu do Nadal tamén se estende pola Biblioteca Municipal de Ares

Dende o 9 de decembro, a biblioteca aresá conta con diferentes iniciativas culturais para celebrar o Nadal, conectando a literatura con estas datas de bos desexos, propósitos de aninovo e moitas historias. Por iso, calqueira veciño ou veciña que o desexe pode achegarse até as súas instalacións e comprobar o que preparou o seu equipo […]