Continúa a programación polo Día de Rosalía 2025

A conmemoración do Día de Rosalía 2025 na vila arrancou cunhas tesoiras, pegamento e a confección da ‘Mariquiña Rosaliana’! A rapazada acudiu á Biblioteca Municipal de Ares para poñer toda a atención na figura da poeta, a gran renovadora da literatura galega e impulsora do Rexurdimento, e facer unhas manualidades que deron resultados ben vistosos. […]

O SendAres completa o quinto roteiro pola costa de Chanteiro

Este pasado domingo, 23 de febreiro, os participantes do SendAres embarcáronse nun novo percorrido pola costa aresá descubrindo a riqueza natural de Chanteiro nun itinerario de 10 quilómetros que combinou exercicio, aventura e paisaxe. A ruta iniciouse no Centro Cultural Outeiro, levando aos participantes por sendeiros que bordean o litoral ata alcanzar Punta Coitelada e […]

A Academia AresXSalud aborda a importancia do solo pelviano na súa sesión de febreiro

A Alianza Aresana acolleu este venres pasado unha nova sesión da Academia AresXSalud, poñendo o foco da súa divulgación no coidado do solo pelviano. As fisioterapeutas do SERGAS Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra explicaron á veciñanza a relevancia deste conxunto de músculos e achegaron exercicios sinxelos para fortalecer a súa saúde no día […]