O Concello de Ares, premiado pola FEMP no IX Concurso de boas prácticas locais contra a violencia sobre as mulleres

A eficacia da proposta, o seu carácter innovador e as posibilidades que achega de ser aplicada noutros contextos municipais foron os principais argumentos para a concesión do recoñecemento. Onte recolleu o galardón, en representación do equipo técnico e responsables políticos da institución, o director do Centro de Información á Muller (CIM), José Luis Castro Feijóo. […]