A Biblioteca Municipal de Ares programa para a vindeira semana varios obradoiros de Pascua destinados ás crianzas da vila

O equipo técnico dinamizador da biblioteca municipal da localidade vén de anunciar as actividades que organizarán na Alianza Aresana a vindeira semana, incorporando múltiples obradoiros de Pascua dende o luns, 14, ao mércores, 16 de abril. O mesmo luns principiará a programación pola mañá, dende as 11:00 h., con ‘Contos ao meu peluche’, unha sesión […]
22 de abril, Servizo de Renovación de DNI na Biblioteca de Ares

O 22 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono ☎️981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes […]
A creatividade dos pequenos agroma en forma de flores e testos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025

Con todas as ganas e imaxinación que tiñan botáronse onte os pequenos e pequenas a debuxar e confeccionar uns testos e flores moi particulares na Biblioteca Municipal de Ares, dentro da programación da Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025. Foi un obradoiro tematizado e deseñado para crianzas de […]
Obradoiros de Pascua na Biblioteca 2025

Obradoiros de Pascua LUNS, 14 DE ABRIL OBRADOIRO DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 17:OO H. IDADE: DE 6 A 10 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril MARTES, 15 DE ABRIL PROCURA DE OVIÑOS DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 18:OO H. IDADE: DE 3 A 5 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril MÉRCORES, 16 DE ABRIL PROCURA DE OVIÑOS DE PASCUA LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL HORA: 18:OO H. IDADE: DE 6 A 10 ANOS CUSTO: 3 € INSCRICIÓN: desde o xoves, 10 de abril Enlace inscrición: https://forms.gle/XTaJgBp6efNDTPqS8