Punto limpo móbil instalado na contorna de Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
Ares saboreou o mellor da gastronomía galega coa campaña ‘Galicia sabe amar’

A foodtruck da campaña ‘Galicia sabe amar’ promovida pola Xunta de Galicia chegou onte ó municipio aresán para ofrecer as súas degustacións gratuítas ao longo de toda a xornada, un xeito de destacar a calidade e variedade da gastronomía galega e do produto de proximidade. Xunto con veciñanza e visitantes, á foodtruck instalada no paseo […]
O legado de Quinín conmemórase na Agrupación Instrutiva de Caamouco

Nesta fin de semana, a veciñanza puido achegarse á particular mirada e obra artística de Joaquín Rojo Seijas, ‘Quinín’, grazas á exposición instalada na Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello, e inaugurada o sábado entre os representantes da asociación e a edila de Cultura, Alma Barrón. Houbo a posibilidade de contemplar cadros e […]