Adiada a presentación do último libro de Xoán Rubia, ‘O PRACTICANTE RURAL’

Por motivos de carácter persoal que impiden a asistencia do autor, Xoán Rubia, ó acto, adíase a presentación de ‘O Practicante Rural’ prevista para o vindeiro venres, 16 de maio, no marco da programación do Concello de Ares polas Letras Galegas 2025. Procurarase unha nova data de realización o máis pronto posible.

O SendAres cruza fronteiras para descubrir a natureza leonesa

Durante esta fin de semana do 10 e 11 de maio, o programa municipal de sendeirismo do Concello, SendAres 2024-2025, organizou unha saída extraordinaria fóra de Galicia, explorando algúns dos espazos máis singulares da Cordilleira Cantábrica. O sábado arrancou coa Travesía Tarna-La Uña, un percorrido de 11 quilómetros polo corazón do Parque Natural de Redes, […]

APERTURA DAS INSCRICIÓNS DO CONCILIARES 2025

Lembra que hoxe, luns, 12 de maio, comezan as inscricións para o servizo municipal de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres 2025. Previa entrega da documentación no Departamento de Servizos Sociais ou vía rexistro electrónico na web institucional, www.concellodeares.gal, é preciso formalizar un prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do […]