Exposición pública dos Mapas Estratéxicos de Ruído da Rede Autonómica de Estradas de Galicia
Infórmase á veciñanza que, a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (prevista para o 20 de maio de 2025), estarán en exposición pública durante un mes os Mapas Estratéxicos de Ruído da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, coa clave: GA/23/041.09.1. Durante este período, calquera persoa interesada poderá […]
A aresá Susana Pedreira García álzase co premio do Concurso de Deseño de Carteis do Ares Indiano 2025

A súa composición gráfica será a imaxe identificativa da celebración, un cartel que procura reflectir as figuras icónicas do Ares Indiano, dende os coches de época a personaxes singulares ou elementos arquitectónicos como a Escola do Porto. A Concellaría de Cultura desvelou hoxe tanto o fallo como o deseño gañador entre as propostas presentadas. […]
Punto limpo móbil instalado en Pedrós

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Pedrós durante toda esta semana para a recollida de residuos especiais! Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.
Ares despide a Copa de España Montefaro Enduro Race 2025

A localidade puxo o punto e final ó campeonato nacional da Montefaro Enduro Race 2025, a Copa de España que se celebrou durante esta fin de semana na contorna de Ares coa súa paisaxe coma protagonista. Unha edición que rematou coa victoria de Marco Veiga na categoría masculina e Marta Jordán na feminina. Así, máis […]
Julio Emilio Marco Franco fai viaxar á veciñanza até a Galicia do século XV

O pasado venres, 23 de maio, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu a presentación de Caaveiro, a primeira novela do médico xubilado e doutor en Economía Julio Emilio Marco Franco, dentro da programación do Concello. Acompañado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, o escritor mergullouse nas intrigas políticas e familiares da Casa dos […]