Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai

As instalacións da Aula CeMIT, na Casa da Xuventude de Ares, acolleron a inauguración dos cursos de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, unha iniciativa destinada á rapazada de 9 a 17 anos. Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, […]

Ares encheuse de cor e tradición cos tapices das Alfombras Florais

O centro da vila converteuse neste domingo pasado en todo un espectáculo de cores: Ares celebrou as tradicionais Alfombras Florais polo Corpus Christi, Festa de Interese Turístico de Galicia, grazas á involucración activa duns 200 voluntarios e voluntarias, que empregaron máis de 30 toneladas de materiais para cubrir os cinco tramos polas rúas do núcleo […]

Cambio de horario na Casa da Xuventude de Ares

O Concello vén de informar do cambio de horario da Casa da Xuventude situada na Praza da Constitución de Ares que se producirá dende hoxe, 23 de xuño, até o 15 de setembro. Así, a instalación municipal abrirá: De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h. E a maiores, durante as tardes dos martes, […]