Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

A Casa da Xuventude de Ares acollerá dende este venres, 18 de xullo, unha mostra de novas pinturas do aresán Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, pouco antes de xubilarse, a súa conexión co eido pictórico. Casteleiro transita tanto a escultura como a pintura ao óleo, e será este segundo campo o que protagonizará […]
Finaliza a mellora do alumeado público en Pezoas, Mazaído e Curmá, na contorna de Redes

Instaláronse 20 novas luminarias, 10 novas e 10 renovadas na súa infraestrutura, para aumentar a calidade lumínica na zona e promover un maior aforro no consumo enerxético. Implicou un investimento de preto de 30.000 euros sufragados con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a finalización do […]
O Concello conclúe coa renovación de carpintería e o repintado do Mercado Municipal de Ares

A infraestrutura estrea nova imaxe despois de executar o proxecto que renovou ventás e adecuou o edificio á Guía de Cores e Materiais de Galicia. Supuxo un investimento de case 41.000 euros asumido polos fondos municipais, mais cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para facilitar o financiamento. Un Mercado Municipal de […]