Ampliación do prazo de inscrición para a XXXIII Milla Urbana Concello de Ares

O Concello de Ares informa que se amplía o prazo de inscrición para participar na XXXIII Milla Urbana Concello de Ares ata as 23:59 horas deste luns, 4 de agosto. A proba, que se celebrará nas rúas da vila, está incluída no XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e conta coa condición […]

O SendAres 2025-2026 contará con 9 rutas para gozar do deporte e explorar novas paisaxes

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdiWCqKzbSMDX3zkwwUBoFX-HOnTCxI_6EAxaj5ADhz_5eKzw/viewform A Concellaría de Deportes vén de presentar esta mesma mañá a oferta de itinerarios que se organizarán durante o outono e primaveira, cubrindo dende setembro até abril, inclusive. A primeira saída do programa é dobre, con desprazamento e pernocta en León, e dúas rutas nas xornadas do 27 e 28 de […]

XXXII Concurso de Pesca Deportiva en Chanteiro

O Centro Cultural Outeiro de Chanteiro promoveu nesta fin de semana a trixésimo segunda edición do seu certame de pesca deportiva, que actúa ao mesmo tempo a modo de lembranza, ao ser tamén o XXII Memorial Lolo do Outeiro e V Memorial Andrés Pedre. Para pechar o concurso acudiu, ao acto de entrega de premios, […]

A XIX Festa da Cabria: unha homenaxe á cultura mariñeira

Este domingo, o Porto de Redes acolleu unha nova edición dunha das súas celebracións máis características: a Festa da Cabria. Organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares, a xornada puxo en valor a memoria mariñeira impulsando unha programación para mesturar o lúdico coa lembranza da vida pesqueira e contou con […]