Conta atrás para o Ares Indiano!

As follas de palmeira espállanse pola vila, chegan os ritmos e as melodías alén mar, prepáranse os postos e tamén ondea a bandeira de Cuba diante do consistorio. Quedan apenas horas para que principie a oitava edición do noso Ares Indiano: unha viaxe ao pasado, mais tamén un xeito de coidar da nosa memoria colectiva. […]