O Concello convida á veciñanza a participar no seu programa municipal de compostaxe comunitaria

Para incrementar o emprego das dúas illas de compostaxe comunitaria que ten habilitadas a área de Medioambiente, programaranse dous actos informativos para que veciños e veciñas poidan entender como empregalas, nocións básicas de residuos e como separalos correctamente. Os actos informativos terán lugar o mércores, 27 de agosto, en horario de 16:30 a 18:30 h. […]
A vila despídese da oitava edición do Ares Indiano

Durante estes últimos tres días tan intensos, Ares converteuse nun espazo vivo, cheo de cultura, música, gastronomía, artesanía, creatividade e divulgación histórica para lembrar e recoñecer a memoria da migración local e galega. Chegamos ao remate do VIII Ares Indiano… e toca despedirse! Nesta fin de semana, veciñanza e visitantes pasearon en barco, en autobús […]