Sfhir desembarca na vila para deixar a súa pegada artística en forma de mural

O artista urbano, considerado un dos mellores muralistas do mundo, vén de chegar hoxe co seu equipo ás inmediacións do pavillón polideportivo de Ares e estará toda a semana traballando na creación dun deseño na fachada da infraestrutura. Sfhir, cunha ampla traxectoria no eido internacional e nos grandes formatos, desenvolverá unha composición relacionada coa paisaxe […]

Punto limpo móbil instalado en Cervás (09.09.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Cervás para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana.   Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.

Ares celebrará a súa oitava homenaxe musical ao veciño Gildo Illobre

O Concello, a Rondalla Trovadores de Ares e Bodegas y Vinos Ares, como axente colaborador xunto coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, impulsarán a VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento musical que rende homenaxe ao veciño falecido en 2015. Así, o domingo, 14 de setembro, a Igrexa de San Xosé acollerá este […]