Punto limpo móbil instalado na Av. Federico García Expósito (15.09.2025)

O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza na Avenida Federico García Expósito ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial:   ✅ Pilas e baterías; ✅ lámpadas e tubos fluorescentes; ✅ aceites minerais e vexetais; ✅ roupa e calzado ✅ e pequenos electrodomésticos.

Música e canto para lembrar ao noso veciño Gildo Illobre

Na tarde de onte, a Igrexa de San Xosé acolleu a emotiva celebración da VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, o veciño de Ares falecido en 2015 que tan fonda pegada deixou no municipio e na comarca. A súa memoria protagonizou as actuacións da Rondalla Trovadores de Ares –da que foi acordeonista e director–, a Rondalla Mugardesa e a Rondalla […]