Novos horarios na Omix Casa da Xuventude de Ares

Dende mañá, 19 de setembro, a instalación municipal da Casa da Xuventude abrirá co seu novo horario, con franxas de tarde durante as fins de semana: De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. Venres pola tarde, de 19:00 a 22:00 h. Sábado, de 19:00 a 23:00 h. E domingo, de 19:00 a 21:00 […]
O SendAres pon en marcha a terceira ruta da tempada 25-26

A contorna do río Sor, en Mañón, será o espazo a descubrir polas persoas que se sumen a este itinerario municipal de 12 quilómetros durante o 26 de outubro. As inscricións abrirán hoxe a partir das 14:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados. […]
Máis da metade dos 50 novos composteiros do Concello xa están en mans da veciñanza

Durante os últimos días, a concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, visitou e entregou ós veciños e veciñas da localidade máis da metade dos composteiros solicitados e que se habilitaron nesta nova campaña municipal de Compostaxe Doméstica. A infraestrutura autoxestión de residuos orgánicos medra así progresivamente, como xa o fixo en anteriores campañas semellantes á actual, […]